Os bombeiros do parque Provincial de Cee participaron pasada a media noite de onte nun operativo provocado polo incendio dun piso no casco urbano de Muxía.
O lume orixinouse nun dos pisos do terceiro andar, concretamente nun electrodoméstico polo que o operativo despregado polos bombeiros provinciais consistiu na súa extinción, na ventilación e en tarefas preventivas para evitar que se reavivasen as chamas.