Aberto a inscrición nesta acción formativa dirixida a coidadoras/es familiares
Neda acollerá os días 5 e 7 de novembro un cursiño de “Formación especializada en alzhéimer e outras demencias”. Trátase dunha iniciativa, impulsada por Afal Ferrolterra e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, para detectar síntomas temperás desta enfermidade, e aprender técnicas de apoio para a autonomía das persoas afectadas. Para participar será preciso anotarse no Concello.
A actividade desenvolverase o martes e xoves da semana que vén, de 11 a 13 horas, na Casa da Cultura. Estará especialmente destinada a coidadores informais, é dicir, veciñas e veciños que se ocupan do coidado dos seus familiares maiores con deterioro cognitivo, de persoas con alzhéimer ou outras demencias, ou ben con outro tipo de dependencia.
Na primeira entrega, o equipo terapéutico da asociación falará sobre a sintomatoloxía, as fases do alzhéimer, e as terapias non farmacolóxicas para mellorar a calidade de vida. Ademais porá o foco nos sinais de alerta. A segunda xornada centrarase nas mobilizacións e transferencias do paciente, con consellos prácticos para o seu benestar e máis o da persoa coidadora.
Para asistir cómpre apuntarse nas oficinas de Servizo Sociais na Casa Consistorial, ou chamando ao 981380039. A actividade é totalmente de balde e conta coa colaboración da Mancomunidade e do propio Concello de Neda.