O programa de actos da vixésimo sexta edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán chega ao seu fin coa conmemoración do nacemento do literato, no mércores 30.
“Despedimos unha nova edición deste outubro valleinclaniano. Unha quincena de citas culturais coas que aprendemos, descubrimos e puxemos en valor o legado dunha figura primordial no mundo das letras a nivel internacional. Variedade no número e natureza das propostas para que as novas xeracións e o público en xeral nos aproximemos e coñezamos máis sobre o universo valleinclaniano”, manifesta a concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo.
A música tradicional soará con Os Caraveiros, das 12.00 horas en diante, por espazos do centro urbano para dar paso, ás 12.30 horas, á tradicional ofrenda cívica, no Cantón da Leña.
Incorpórase novamente o plantado da camelia Valle-Inclán, que se efectuará na praza de Galicia, ás 13.00 horas.