Friday 22 de November de 2024

Concluídos os traballos de pavimentación da Travesía Delicias en Corrubedo coa elevación das tapas de rexistro


Esta semana veñen de finalizar, coa elevación dos pozos de rexistro á nova cota, os traballos de pavimentación da travesía Delicias na parroquia riveirense de Corrubedo.

Esta obra está adscrita ao Plan de Aforro e Investimento da Deputación Provincial e foi executada pola empresa Canarga, culminando unha macroactuación que incluíu o asfaltado de 16 viales diseminados polas parroquias de Castiñeiras, Corrubedo e Palmeira.

A travesía Delicias é moi transitada polos vehículos ao ser un dos principais viales de saída do pobo de Corrubedo ao desembocar directamente na rúa Buenos Aires.