Friday 22 de November de 2024

Rueda recibe á embaixadora de Finlandia en España para reforzar os lazos comerciais entre ambos territorios


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse esta mañá coa embaixadora de Finlandia en España, Sari Rautio.

Rueda e a embaixadora falaron sobre asuntos comerciais que incumben ás dúas rexións, como as relativas á área marítimo-pesqueira, as exportacións ou as empresas galegas que operan en Finlandia. Ademais, tocaron outros asuntos nos que poder colaborar máis estreitamente nun futuro, como é o caso do sector turístico.