Thursday 21 de November de 2024

Incendio nunha vivenda do Milladoiro, no concello de Ames


Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron a primeira hora da tarde de onte nun operativo dirixido á extinción dun incendio que afectou a unha vivenda da avenida Rosalía de Castro, no Milladoiro, no concello de Ames.

A incidencia foi ocasionada por unha pota ao lume que produciu unha gran cantidade de fume sen chegar a prender chama. Polo tanto, unha vez finalizadas as tarefas de ventilación procedeuse á medición de gases e unha vez que os resultados reflexaban a ausencia de risco deuse por rematado o servizo.

Completaron o operativo o GES de Ames, Policía Local de Ames e Protección Civil de Ames.