• A actividade desenvolverase de 17:00 a 20:00 horas no polideportivo
• Durante a tarde a rapazada poderá gozar de túnel do terror, inchábeis, taller de manualidades, música e dun ritual da queimada coa bruxa
O Concello de Laxe celebrará o vindeiro sábado, 2 de novembro, a súa gran ‘Festa de Samaín’, que conta coa colaboración do alumnado de 4º da ESO do CPI Cabo da Area.
A actividade desenvolverase de 17:00 a 20:00 horas no polideportivo municipal, onde a rapazada poderá gozar de múltiples propostas do máis divertidas e terroríficas.
Deste xeito, haberá túnel do terror, inchábeis, taller de manualidades, música e un ritual da queimada coa bruxa. Por suposto, tamén haberá disfraces e premios, así como un photocall para sacar as fotografías coa mellor ambientación.