Thursday 21 de November de 2024

Mesón do Vento acollerá este sábado unha nova edición do Feirón da Adina con degustacións de galo de Mos


Non faltarán os postos con produtos hortofrutícolas naturais da zona, roupa, utensilios labregos, ademais da venta de gando vacún e exemplares avícolas

Mesón do Vento acollerá este vindeiro sábado, 20 de febreiro, unha nova edición do Feirón da Adina. O protagonismo recaerá nos galos e galiñas de Mos, que poderán adquirirse en postos especialmente instalados para a ocasión. Ademais os establecementos do pobo exaltarán as propiedades culinarias destes exemplares ao ofrecer degustacións de balde con cada consumición. Con esta nova celebración o centro do pobo será unha vez máis lugar destinado á venta de gando vacún, apeiros labregos e productos hortofrutícolas provintes das fincas da contorna. Roupa, queixos, doces, empanadas, churros, xoguetes, cestos de vimbio, artesanía etc, tamén terán cabida no mercado que arrancará a iso das 9.30 ata a hora do xantar.