Wednesday 23 de October de 2024

Abegondo dinamiza o Samaín cunha camiñada á luz das lanternas este venres


• Baixo o título ‘Camiño dás Ánimas’, os asistentes poderán gozar dun roteiro nocturno por Beche con espectáculo de lume e maquillaxe.

O Concello de Abegondo dinamizará a actividade dos seus veciños e veciñas na celebración do Samaín a través dunha camiñada nocturna por Beche.

A actividade celebrarase este venres, 25 de outubro, e nela faise un convite a que os participantes acudan disfrazados e portando lanternas. A xornada dará comezo ás 19:00 horas coa maquillaxe e terá a súa continuidade co inicio da camiñada ás 20:30 horas. Durante a actividade levará a cabo un espectáculo de lume.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse no departamento de Cultura, chamando ao 981 647 909 ou enviando un mail a cultura@abegondo.gal.

Deja un comentario