Saturday 23 de November de 2024

O Concello impulsa unha serie de visitas guiadas os primeiros días de novembro para coñecer máis de preto o seu patrimonio


· As persoas interesadas poderán facer a inscrición no Museo do Encaixe.

O Concello de Camariñas impulsa unha serie de visitas guiadas do 1 ao 3 de novembro para coñecer máis de preto o seu patrimonio. Baixo o título “Un mar de saberes e sabores”, realizarase un percorrido polo casco histórico e o peirao.

A saída terá lugar no Museo do Encaixe, espazo onde tamén se poden formalizar as inscricións. A hora de saída de todas as visitas serán as 11:00 horas, con duración estimada de 60 minutos.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar nos teléfonos 981 73 63 40 e 665 13 46 18 ou no enderezo turismo@camarinas.net. Os centros escolares e asociacións que desexen realizar estas actividades tamén pode concertar outras datas ou horarios mediante estas canles anteriormente mencionadas.