Hoxe pola mañá procedeuse por parte do segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, á presentación da nutrida programación do aula CEMIT de Ribeira para o vindeiro mes de novembro na que destacan os diversos cursos sobre ciber-seguridade, intelixencia artificial, detención de “fake news” máis diferentes exames para certificacións dixitais.
Suárez-Puerta salientou: “seguimos apostando pola formación e certificación dixital e imos a comezar a tratar a intelixencia artificial, a ciberseguridade e algún curso para formarse na detención das “fake news”; xa que nos parece que temos a obriga de informar e ensinar á veciñanza a distinguir e procesar o bo uso da información dentro do mundo dixital”.
A continuación degullou o programa polo miudo:
Do Luns día 4 ao Xoves día 7 (4 días) – “Certificado Dixital”
Haberá 2 quendas:
· Quenda de mañáns – De 10:00 a 11:30 h. (6 horas)
· Quenda de tardes – De 16:00 a 17:30 h. (6 horas)
Qué é un cerficado dixital, pasos para solicitar, renovar ou anular o certificado dixital; como instalalo, desinstalalo e facer unha copia nos distintos navegadores, e exemplos de trámites comúns.
Venres día 8, de 10:00 a 12:00 h.– Charla impartida por Cibervoluntarios, sobre “Iniciación á Intelixencia Artificial” – Fundamentos da IA e aplicacións máis innovadoras, especialmente na xeración de texto, imáxenes e vídeos.
Xoves día 14:
· De 10:30 a 11:30 h. – Charla impartida por FEGAUS, sobre “Ciberseguridade. Protéxete fronte a delitos da Intelixencia Artificial”.
· De 12:30 a 14:00 h. – Charla sobre “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos_Segunda quenda”, que é a segunda parte dunha charla que xa se impartira en abril con gran éxito.
Venres día 15, de 10:00 a 12:00 – Charlas impartidas por Cibervoluntarios:
– “Fake News: como detectar noticias falsas” (de 10 a 11 h.) – Aprender a cuestionar a información que nos chega a través das redes sociais e internet para detectar posibles contidos falsos.
– “Protección ante fraudes e estafas en Internet” (de 11 a 12 h.) – Como protexernos ante eles.
Xoves día 20, de 10:00 a 12:00 – Charlas impartidas por Cibervoluntarios:
– “Uso seguro de Internet” (de 10 a 11 h.) – Darannos as claves para facer un uso seguro e responsable da rede, sendo conscientes da nosa huella dixital e protexendo a nosa privacidade.
– “Coñece todo sobre as tecnoadicións” (de 11 a 12 h.) – Definición, detección, tipos e identificación dos distintos tipos de tecnoadicións. Como previr e actuar ante esas situacións.
Xoves día 21 – Exame COMDIX – Dúas quendas:
· De 10:00 a 12:00 h. De 12:00 a 14:00 h.
¿Qué é a certificación ComDix? É a certificación galega de competencias dixitais que promove a Administración Galega, e que acredita o nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais. Esta certificación ten como referente o Marco galego de competencias dixitais.
Venres día 22 – Exame COMDIX – Dúas quendas:
· De 10:00 a 12:00 h. De 12:00 a 14:00 h.
Mércores día 27, de 10:00 a 13:30 – Charlas impartidas por Cibervoluntarios: – “Crea o teu Currículo con CANVA” (de 10 a 11:30 h.)
– “Búsqueda activa de emprego en Internet” (de 11:30 a 13:30 h.) – Aprender a buscar traballo por Internet e os distintos tipos de portais de emprego e redes profesionais que existen.
Venres día 29 , de 11:00 a 12:00 h. – Exame da Plataforma EMA – Son probas que se teñen que facer de forma presencial nas aulas CeMIT, exclusivas para as persoas que terminaron os cursos de teleformación na plataforma EMA.
Suárez-Puerta animou á veciñanza a participar e anotarse nos cursos e tamén agradeceu o labor e o bo traballo que está facendo dende o aula.
Información e inscrición:
https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial?center=67