Friday 22 de November de 2024

O concello renova os protectores das torres de iluminación do campo de fútbol a Porta Santa de Paiosaco


Invístense 57.000 procedentes integramente de fondos municipais.

O Concello está a renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa de Paiosaco na procura do dobre obxectivo de mellorar sensiblemente a visibilidade na zona de xogo e beneficiar ao medio ambiente ao instalar un sistema máis eficiente enerxeticamente.
As catro torres contaban ata agora con 24 luminarias de halóxenos metálicos cunha potencia total de 48.000 vatios. A actuación que está en marcha consistirá na substitución deses proxectores por outros de tecnoloxía LED que ofrecerán unha solución máis eficiente, posibilitando mellorar a iluminación na zona de xogo cunha redución da potencia eléctrica ata os 16.000 vatios, isto é, a terceira parte da actual.

O orzamento supera os 57.000 euros que o Concello inviste integramente na mellora da calidade do servizo que se ofrece nas instalacións e, ao mesmo tempo, en favorecer o desenvolvemento sostible e a consecución dos obxectivos da transición ecolóxica. A intervención minorará o consumo eléctrico do campo de fútbol nun 30 % aproximadamente, o que tamén implicará un aforro no gasto do subministro para as arcas municipais.