Friday 22 de November de 2024

O Partido Popular de Arzúa solicita á Delegación do Goberno o repintado da N-547, logo de meses da súa última actuación de conservación, polas situacións de perigo que provoca.


• A actuación do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible leva todo o verán e parte do outono pendente de rematar co repintado.

• Os condutores que descoñecen as delimitacións dos carrís, sen pintar, provocan situacións perigosas.

O Partido Popular de Arzúa ven de rexistrar unha queixa á Delegación do Goberno en Galicia para que inste ó Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible para actuar con urxencia ante a inexistencia de parte da pintura na estrada N-547, logo da última actuación, xa hai meses, na vía, que ten un percorrido aproximado de 16 km en todo o concello.

Segundo Rafael Rivadulla, voceiro do grupo municipal popular, “non é comprensible que se deixen pasar meses, e chegar o outono coa estrada aínda sen pintar, agora que chega máis choivas”. Indica tamén que “moitos condutores que descoñecen a existencia de carrís dobres ou zonas de liña continua ocupan o que lles parece ou vemos manobras de adiantamento en que os vehículos teñen que ocupar o carril doutro sentido”.

Os populares reclaman ademais o repintado do resto de liñas, que son case inapreciables en algúns dos tramos da N-547.