Un total de 35 veciños e veciñas de Frades, e outros 25 de Oroso, participaron do 13 ao 18 de outubro nunha excursión de seis días á Comunidade Valenciana, organizada por Excursiones Miranda en colaboración cos Concellos de Frades e de Oroso. Unha viaxe na que estiveron acompañados polos concelleiros de Maiores, Jesús Francos, e Cultura, Juan Carlos Portos.
Durante eses seis días, a veciñanza desfrutou dun paseo en barco pola Albufera e dunha xornada completa percorrendo o maior acuario de Europa, o Oceanográfic de Valencia, e o complexo da Cidade das Artes e das Ciencias. Ademais de degustar unha paella valenciana, o grupo fixo visitas guiadas a localidades como Valencia, Denia, Benidorm e Gandía.