Tuesday 22 de October de 2024

O Mercado Municipal pechará os días 28 e 29 para aplicar una nova capa antiescorregadizo ao chan


O Mercado Municicipal pechará os días 28 e 29 de outubro por mor dunha nova man de pintado do chan cun árido máis groso e antiescorregadizo, a aplicación de dito árido non pode exceder os valores establecidos por Sanidade polo que dita aplicación require dun equilibrio entre o grosor a aplicar e o limiar legal. As labores de pintado efectuaranse o sábado pola noite e o domingo; deixando o luns e martes para o seu secado.

O tenente de Alcalde e concelleiro de Mercados, Vicente Mariño manifestou a súa preocupación polos patinazos sufridos e pediu desculpas polos danos causados durante o fin de semana pasado:”os técnicos informaron o pasado mércores do estado do chan ao día seguinte se procedeu a unha continxencia cunhas alfombras antiesbaróns e carteis informativos estando máis afectada a zona da máquina de xeo que xunto cas choivas fixeron que se escorregara máis.Para garantir a seguridade da veciñanza procederase a unha nova man de pintado novamente”manifestou Mariño.

Deja un comentario