Friday 22 de November de 2024

A alcaldesa recibe a Elena Vázquez Lanzo, cuadrimedallista coruñesa en hípica


A xinete acadou catro podios na modalidade de salto, proclamándose campioa galega, subcampioa de España e bronce de Europa por equipos
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá a Elena Vázquez Lanzo, xove promesa da hípica na Coruña que este ano acadou catro medallas en competicións nacionais e internacionais na modalidade de salto. A xinete proclamouse este verán campioa galega, acadando o ouro no Campionato Galego de Hípica. A ese triunfo sumoulle unha prata no Campionato de España, proclamándose subcampioa na categoría infantil 1 estrela, a máxima categoría.
Ademais, durante a tempada, Vázquez foi seleccionada pola Federación de Hípica Española para conformar o equipo, sendo a única galega convocada para representar a España en tres copas de nacións europeas. Na modalidade por equipos acadou os outros dous triunfos, facéndose co bronce no Campionato de Europa e coa prata no Campionato de España.
Rey trasladoulle os parabéns polos triunfos e animouna a seguir mellorando: “Para nós é un orgullo contar cun talento coma o de Elena, grande embaixadora da cidade e da súa tradición deportiva” sinalou.