Friday 22 de November de 2024

Na fase da licitación o alumeamento do Nadal de 2024-2025 na Pobra


O Concello da Pobra do Caramiñal saca a licitación o alugueiro, a montaxe, o mantemento e a retirada do alumeamento ornamental exterior durante a tempada do Nadal de 2024-2025, coa posibilidade dunha prórroga por 1 ano.

Os elementos luminosos colocaranse en diferentes puntos do municipio, cunha especial énfase no núcleo urbano, se ben tamén se levarán ás parroquias.

O orzamento da licitación é de 33 964’70 euros, cos impostos incluídos. As empresas interesadas dispoñen ata as 23.59 horas do día 31 de outubro para presenta-las súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.