Os bombeiros do parque Provincial de Santa Comba foron alertados pasadas as 19:00 horas de onte, 21 de outubro, dun accidente de tráfico acontecido na AC-447 ao paso da vía pola parroquia de Logrosa, no municipio de Negreira.
A incidencia foi ocasionada pola colisión entre dous turismos, provocando que un dos ocupantes tivese que ser liberado polos operarios do GES de Brión alí desprazados. O operativo dos bombeiros provinciais consistiu na desconexión das baterías dos coches e na limpeza de restos sobre a vía, garantindo así unhas condicións axeitadas para o tráfico rodado.
Completaron o operativo a Policía Local de Negreira, a Garda Civil de Santiago de Compostela, o 061 de Negreira e o GES de Brión.