Friday 22 de November de 2024

A Pobra activa un obradoiro de conciliación coincidindo co Samaín e o Día do Ensino


No 31 de outubro conmemórase o Día do Ensino e tamén se festexa o Samaín. Por ser un día non lectivo para a comunidade educativa, a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal bota a andar un obradoiro de conciliación para favorece-la compatibilización da vida persoal e laboral das familias.

Seguindo a dinámica habitual, este transcorrerá no CEP Salustiano Rey Eiras, no horario das 09.00 ás 14.00 horas. O importe establécese nos 5 euros por crianza.

Tamén se ofrecen os servizos de Madruga e de Comedor, dos cales cómpre consulta-las condicións.

A data límite de inscrición é o día 29 de outubro. O trámite formalizarase entregando debidamente cuberto o documento pertinente a través da sede electrónica municipal, no rexistro do Concello ou no Departamento da Igualdade, situado fronte á casa do concello, co teléfono de contacto 981832764, extensión 6, e co enderezo electrónico igualdade@apobra.gal.