Friday 22 de November de 2024

O alcalde felicitou á señora Josefa Esperanza Vázquez Castiñeiras no día do seu 100 aniversario


No Concello hai sete persoas que superan o século de vida, seis mulleres e un home.

No día de hoxe a señora Josefa Esperanza Vázquez Castiñeiras cumpriu 100 anos de idade. Natural de Paiosaco, onda naceu o 21 de outubro de 1924, aínda reside nesa localidade, en concreto na rúa Porta Santa.

Josefa ten dúas fillas, Alicia e Irene, que son quen asumen os seus coidados. Tamén ten cinco netos e seis bisnetos, cos que ten previsto reunirse o próximo sábado para celebrar o aniversario.

Hoxe recibiu a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, que a agasallaron cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en representación da Corporación municipal.

No Concello da Laracha están empadroadas sete persoas que alcanzan o século de vida, sendo seis delas mulleres e un único varón.