Após a catarse producida no transporte público en Oleiros e Sada o nefasto 23X, constituíuse (cunha visión supramunicipal) unha plataforma cidadá aberta á cidadanía de ambos os dous Concellos, que xa tomaron diversas medidas e camiños na procura da recuperación das liñas perdidas e nas mesmas condicións sen transbordos nen demais experimentos. No BNG de Oleiros apoiamos dende o minuto 1 esta plataforma comarcal ou supramunicipal, xa que os problemas teñen esta compoñente. O Alcalde de Oleiros, con moito tino, falou aí atrás de “Todos somos A Coruña”, “transporte metropolitano integral e permeábel, que supere as rixideces dos Concellos…”.
Pediremos pois ao Goberno municipal que apoie á plataforma supramunicipal creada, como unha forza máis no anhelo dun verdadeiro e eficaz transporte municipal.
Ademais, o noso portavoz municipal fará varias preguntas sobre temas que afectan á cidadanía, entre elas:
Vertedura en Xaz
Existe un decreto con data de 13/08/2024 e código de resolución 2024004312 do departamento de obras públicas, por un “vertedura non autorizado ao rego da Loba finca de Xaz”. Pediremos a Concello que facilite información das circunstancias e gravidade desta vertedura.
Plumachos de aparición recente na rúa María Soliña
Existen plumachos de aparición recente na rúa María Soliña, a carón do edificio novo e da fonte do lugar. A leira está pendente de urbanizar e edificar (anúnciase unha promoción achamos que unha VPL). Perguntaremos ao Concello se a promotora ten licenza de obra (e cando lle caduca), se todo é vivenda de prezo libre, se existe algún procedemento sancionador aberto polos plumachos e mesmo que plans hai para o adecentamento da contorna da fonte, hoxe en estado claro de abandono.
Pingueiras na pista polideportiva de Meixonfrío
Na pista polideportiva de Meixonfrío en Santa Cruz cando chove, existen pingueiras que provocan a aparición de pozas, dado certo desnível existente na propia pista, situación que pode provocar riscos para os utentes, especialmente de baloncesto. Pediremos ao Concello que verifique esta situación.
Ruídos e molestias dun supermercado na Rúa tras do río.
Residentes na Rúa Tras do Río en Perillo denuncian dende o pasado mes de agosto continuas molestias que padecen nas madrugadas por traballos de descarga da mercadoría dun camión de un tráiler e o traslado a un supermercado. Coa anterior empresa propietaria nunca houbo molestias durante anos e agora coa nova (Alcampo, son constantes).
Un camión aceso e facendo ruídos durante horas, dende as seis e media da mañá, aparcado en zona prohibida e obstaculizando un carril. A nova empresa todo boas palabras, mais cero medidas, sinalan as veciñas.
Perguntaremos ao Concello se a policía local comprobou estas incidencias, e se en caso de existiren, serían as actuacións deste supermercado (horarios, posíbel ocupación rúa, ruidos..) compatíbeis coas ordenanzas do Concello.