A alcaldesa, Inés Rey, recibiu a Francisco José Santos González, o usuario que efectuou a viaxe do millón de usos este 2024
O servizo municipal de alugueiro de bicicletas, BiciCoruña, volveu superar o millón de usos este 2024 acadando a cifra antes de que remate o ano. A alcaldesa, Inés Rey, recibiu no Palacio de María Pita a Francisco José Santos González, usuario que realizou a viaxe un 1.000.000 este ano. Rey fíxolle entrega de diferentes agasallos para conmemorar este fito.
A rexedora destacou a cifra como a consolidación do servizo de alugueiro no que o Concello investiu arredor de 5 millóns de euros para a súa modernización e posta a punto. A cifra dun millón de usos acadouse o 28 de setembro, pechando o mesmo mes con 1.007.207 usos, últimos datos do servizo. “No que vai de ano, BiciCoruña non baixou dos 85.00 usos, cifra para a cal tivemos que esperar ate o mes de abril no ano pasado, dato que amosa o interese da poboación na bicleta” explicou a alcaldesa.