A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a concesión de subvencións a 23 entidades por un importe total de 187.853,38 euros. A distribución dos fondos, destinados en todos os casos á promoción da actividade deportiva, é a seguinte:
Subvencións para o financiamento de organización e participación en fases finais de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España durante o ano 2024: Agrupación Deportiva Fogar, 1.500 euros para os campionatos de España de atletismo, natación e triatlón; Asociación Deportiva Xiria, 1.500 euros para a fase de ascenso a Primeira Nacional Masculina; Club Taekwondo ITF Carballo, 231 euros par o Campionato de España pre-junior, junior e sénior ITF de cintos negros, e Salvamento y Socorrismo Carballo (Sysca), 1.000 euros para o XXXVI Campionato de España absoluto de verán.
Subvencións para o financiamento de eventos deportivos e actividades deportivas de carácter extraordinario durante o ano 2024: Agrupación Deportiva Fogar, 1.428,81 euros para o II Memorial Pedro Luis Fernández; Chong Taekwon-Do Carballo, 1.220,35 euros para o Campionato Taekwondo Liga Fite Galicia; Club Ciclista Monteneme, 1.500 euros para a XX Marcha Costa da Morte; Club Rítmica Carballo, 474 euros para a I Gala de verán Rítmica Carballo e 420 para a II Gala de Nadal Rítmica Carballo; Club Rítmica Pangea, 867,61 euros para a II Fase da Liga Provincial A Coruña de ximnasia rítmica; Club Xadrez O Toque Xiria, 1.000 euros para o I Torneo escolar Concello de Carballo e 1.289,77 para o VII Aberto Concello de Carballo Clásico; Judo Club Bergantiños, 1.037,46 euros para o Campionato de Nadal; Sysca, 1.303 euros para o Memorial Carlos Servando, e SD Oza, 459 euros para o 4º Triangular SD Oza.
Subvencións para o financiamento de proxectos de actividade xeral durante o ano 2024 (inclúe gastos de persoal, promoción da actividade deportiva, participación en competicións oficiais e adquisición de material): AD Fogar da Xuventude, 15.567,74 euros, Asociación Deportiva Xiria, 9.200; Club Baloncesto Artai, 5.948,17; Club Ciclista Carballo, 2.250; Club Ciclista Monteneme, 1.958,45; Club Fútbol Cances, 1.000; Club Rítmica Carballo, 6.234,12; Club Rítmica Pangea, 3.911,50; Club Taekwondo ITF, 1.521,44; Club Xadrez O Toque Xiria, 3.100; Escola Basket Xiria, 19.875,79; Escola Lubiáns de Hóckey a Patíns, 12.500; Escolas Balonmán Xiria, 24.896,01; Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz, 12.330,65; Judo Club Bergantiños, 3.817,09; Karate-Do Carballo, 2.937,67; SD Oza, 2.000; SD San Lorenzo de Verdillo, 2.000; SD Sofán, 16.174,71; Salvamento y Socorrismo Carballo, 11.545,66; Virgentis Salvamento Bergantiños, 1.000.
A Xunta de Goberno tamén aprobou varias subvencións nominativas: á Agrupación Deportiva Un paso máis, para as súas escolas deportivas inclusivas, por importe de 1.500 euros; á sección deportiva de Lenda Educativa SCG, 1.500 euros, para as súas actividades deportivas inclusivas, e á Escola Lubiáns de Hóckey e Patinaxe, 11.353,38 euros.