Friday 22 de November de 2024

Camariñas tingue de rosa as rúas para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama


· Máis de 200 persoas se deron cita esta tarde na praza do Concello, lugar onde tivo saída a andaina cos arcos.

A cidadanía de Camariñas tinguiu hoxe as rúas de rosa para conemmorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. Con punto de saída na praza do Concello, máis de 200 persoas asistiron a esta particular andaina cos arcos, tan característicos da cultura local. Déronlle saída á actividade as persoas que integran o coro municipal.

Esta xornada organizouse en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer. Unha vez rematada a marcha, impartirase unha clase de zumba ao aire libre.

Coa inscrición, a organización entregou a demandada camiseta da Mostra do Encaixe co lema ‘Camariñas Sorprende co donativo de 7 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer. Está deseñada polo malagueño Esteban Freiría.