Monday 31 de March de 2025

Retirada dunha árbore no lugar de O Pazo, na parroquia de Brates, concello de Boimorto


Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa foron alertados esta mañá, arredor das 11:50 horas, pola caída dunha árbore no lugar de O Pazo, na parroquia de Brates, no concello de Boimorto.

Ao chegar ao lugar dos feitos procedeuse ao corte da árbore e á limpeza da zona, quedando a estrada completamente liberada para a circulación.