Friday 22 de November de 2024

O alcalde reúnese coas entidades veciñais para informar do orzamento do 2025


O alcalde, Ángel García Seoane, reuniuse coas entidades veciñais máis representativas de cada localidade para presentarlles o orzamento municipal que será aprobado no pleno do próximo xoves día 24 de outubro. O alcalde explicou de primeira man os principais investimentos a realizar así como as actualizacións de taxas e impostos.

O orzamento do Concello de Oleiros para o ano 2025 ascenderá a 47.850.000 euros, 4 millóns máis que o do pasado ano. Máis da metade dos recursos destinaranse á conservación e mantemento dos equipamentos e servizos públicos, cun gasto de 12 millóns en persoal e de 15 millóns en gasto corrente. No capítulo de obras públicas o investimento previsto é de 17 millóns.

Na reunión o alcalde tamén informou de varios asuntos da actualidade municipal. Entre outros temas, puxo en coñecemento dos representantes das entidades o proceso de redacción da Axenda urbana 2030, no que están chamados a participar.