Monday 25 de November de 2024

A Xunta rectifica e incorporará o profesorado recortado nos colexios de Nós e Oleiros


Tras semanas de mobilizacións e reivindicacións do conxunto da comunidade educativa, a Xunta de Galicia rectificará a súa postura e incorporará o profesorado de apoio recortado nos colexios Juana de Vega e Rabadeira. Unha noticia positiva coa que se cumprirá coa lei de atención á diversidade, que estaba a infrinxirse por parte da Consellería de Educación desde o inicio de curso.

O profesorado de apoio é un dereito básico dos nenos e nenas. Non se trata de mestres calquera, senón daqueles que dan apoio ao alumnado con necesidades educativas especiais, mestres que ademais permiten que o conxunto do profesorado poida traballar axeitadamente.