No día de hoxe compareceron o alcalde, Luís Pérez, a presidenta das Amas de Casa, Puri Cores e a socia Pili Doval para animar á veciñanza a participar no acto de homenaxe ás vítimas da Covid-19 que terá lugar este sábado día 19 ás 18:30 horas da tarde no monumento ás vítimas situado na praza de España.
Puri Cores reflexionou sobre a pandemia dicindo que “parece que nos sona moi lonxe pero a min persoalmente me impactou e penso que non serei a única, aínda teño esas imaxes gardadas na retina” e asemade engadiu “xente que morreu soa, que non puido ter á súa familia neses momentos, familias que descoñecían onde tiñan os seus seres queridos…, penso que o mínimo como persoas e humanos é ter un recordo e que saiban que para nós sempre estarán na nosa memoria e no máis profundo do corazón” finalizou Cores visiblemente emocionada.
Pola súa banda Luís Pérez sinalou que dende o Concello de Ribeira “sumánonos a esta homenaxe promovida pola asociación Amas de Casa, un evento breve ao que animamos á poboación a participar nel porque queremos lembrar de maneira especial a tódalas persoas que faleceron na época da Covid”.
O rexedor engadiu “que parece que a pandemia pasou fai moito tempo pero na nosa memoria seguen estando presentes esas persoas que faleceron soas. Pérez Barral tamén destacou que durante a pandemia “vimos o mellor do ser humano axudándonos mutuamente a levar adiante a soidade do confinamento”; a pandemia tamén demostrou que o ser humano e capaz de facer cousas extraordinarias en tempo de dificultades e isto e algo que tamén temos que salientar nesta homenaxe e lembranza de todas esas persoas que faleceron na pandemia e que tristemente non nos poden acompañar”.