Friday 18 de October de 2024

O pavillón da Xunqueira acolle este sábado o Campionato Xunta de Galicia de Judo categoría absoluta


Ao redor de 180 judokas, nados entre os anos 2009 e 2003 e anteriores, tomarán parte este sábado, a partir das 16 horas, no Campionato Xunta de Galicia de Judo categoría absoluta que organizan a Federación Galega de Judo e o Club Artes Marciais Fene coa colaboración da Concellería de Deportes de Fene.

Os participantes competirán simultáneamente en 3 tatamis e en combates de 4 minutos, desde as 16 até as 19 horas (con eliminatorias, repescas e finais), procedéndose a continuación á entrega de trofeos.

Desde a Concellería de Deportes de Fene anímase á veciñanza a asistir ao campionato no que a entrada será libre e de balde.

Deja un comentario