Os bombeiros do parque Provincial de Santa Comba foron alertados a primeira hora desta tarde dun accidente de tráfico acontecido na CG-1.5 á altura de Urdilde, no concello de Rois.
Na incidencia estivo involucrado un turismo que envorcou sendo necesario que os bombeiros provinciais liberasen do seu interior aos ocupantes deste. Rematouse o operativo coa desconexión dos sistemas eléctricos do automóbil.