Tuesday 03 de December de 2024

Lousame acollerá mañá venres unha mesa informativa sobre o cancro de mama dinamizada pola delegación en Noia da AECC


A Xunta Local de Noia da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) montará unha mesa informativa sobre o cancro de mama mañá venres 18 de outubro en Lousame. Esta mesa estará emprazada na contorna do centro de saúde lousamiá e poderá visitarse en horario de 11:00 a 13:30 horas.

Trátase dunha iniciativa de sensibilización posta en marcha co gallo da conmemoración, este sábado 19 de outubro, do Día Internacional na loita contra o Cancro de Mama. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, amosa todo o seu apoio a esta iniciativa e lembra que “o cancro de mama é o máis frecuente entre as mulleres pero hoxe en día, grazas á investigación e a unha detección precoz, a taxa de supervivencia ten aumentado ata o 85,5%. Polo que este tipo de iniciativas son moi positivas á hora de sensibilizar e concienciar ás persoas sobre a importancia da prevención e a detección precoz”.