Thursday 21 de November de 2024

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de Alvedro


Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta mañá a Joan Ibáñez Ferrer (que será o novo director do Aeroporto de Alvedro desde o 1 de novembro) xunto con Jesús Campo Hortas, actual director do aeródromo coruñés. A rexedora doulle a benvida á cidade a Ibáñez na súa nova responsibilidade e trasladoulle os mellores desexos a Campo na súa nova etapa profesional como director de Operacións e Infraestruturas do Grupo Aena Brasil.
Os tres puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés que encara o millón de viaxeiros neste 2024, sendo o segundo aeroporto de Galicia con máis tráfico de pasaxeiros.