Os bombeiros do parque Provincial de Arzúa foron alertados pasadas as 22:00 horas de onte dun accidente de tráfico acontecido no lugar de Vilar, na parroquia arzuá de Pantiñobre.
A incidencia foi provocada por un turismo no que viaxaban catro persoas que saiu da vía impactando lateralmente contra unha árbore. Á chegada dos bombeiros os ocupantes estaban fora do automóbil polo que o operativo consistiu na sinalización da incidencia, o control do tráfico e a desconexión das baterías do vehículo. Dúas das persoas que viaxaban precisaron ser trasladadas ao CHUS.
Completou o operativo a Garda Civil de Tráfico.