Saturday 16 de November de 2024

Lara López e Antía Martínez, salvadoras de campionato


Antía Martínez e Lara López, nas categorías infantil e cadete respectivamente, volveron poñer de manifesto que o municipio de Ordes é canteira de grandes deportistas. Foi hai escasos días no Campionato Galego de Salvamento disputado en Carballo, no que ambas as rapazas finalizaron a xornada subindo ao podio. No caso de Antía Martínez, do Club Salvamento Cerceda, proclamouse campioa galega nas probas de 50 e 100 metros, manequín aletas, arrastre manequín, ademais de acadar o recoñecemento como mellor deportista infantil. Pola súa banda Lara López, do Club Salvamento Sada, proclamouse campioa galega na proba de 100 manequín Aletas, terceira nos 100 metros e combinadas.