Monday 25 de November de 2024

Cariño celebrará o ‘Festival de Corais e Rondallas’ este sábado na Casa da Cultura


• O evento está organizado por Rondalla de Cariño en colaboración co Concello.

• Actuarán cinco agrupacións de distintos municipios.

Cariño celebrará o ‘Festival de Corais e Rondallas’ este sábado, 19 de outubro. O evento, organizado por Rondalla de Cariño en colaboración co Concello, está programado partir das 18:00 horas na Casa da Cultura municipal.

No festival musical actuarán cinco agrupacións de distintos municipios, incluíndo a entidade organizadora, Rondalla de Cariño, ademais da Coral Polifónica Ecos de Chamorro (Ferrol), a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz (Oleiros), a Rondalla Mugardesa (Mugardos) e a Rondalla Vila dás Pontes (As Pontes). O evento será presentado por María Garrote.

Esta actividade súmase ás programadas a fin de semana pasada no concello cariñés. Unha das máis importantes foi a celebración da primeira Feira do Mel no municipio, que contou cun total de 20 postos diferentes e que foi todo un éxito, reunindo a unha gran cantidade de visitantes.
Esa mesma xornada, o 12 de outubro, tamén se celebrou o Día do Pilar, cun acto en recoñecemento do traballo da Garda Civil no que participaron a alcaldesa de Cariño, Ana María López, e os concelleiros.

O broche ao fin de semana de actividades no concello púxoo o III Trofeo Concello de Cariño de vela, organizado polo Club do Mar Cariño. A proba celebrouse o sábado e o domingo no Cabo Ortegal e contou cun total de 25 participantes.