Friday 18 de October de 2024

Avanzan os traballos para mellorar a accesibilidade na contorna do faro de Corrubedo A Barbanza


O Concello de Ribeira informa de que as obras de accesibilidade na contorna do Faro de Corrubedo avanzan a bo ritmo, para esta actuación hai asinado un convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribeira co obxectivo de executar o Plan de Sustentabilidade Turística de Ribeira no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, financiado pola Unión Europea Next Generation EU.

Con este proxecto preténdese mellorar a accesibilidade e humanizar os espazos nas inmediacións deste ben patrimonial, un dos emblemas turísticos do noso municipio ao que cada ano acoden milleiros de visitantes para contemplar este ben patrimonial e a natureza salvaxe que o rodea. Nesta primeira fase da actuación actúase nun tramo de beirarrúa de 713 metros de lonxitude alargando a beirarrúa actual, que pasará de 1,50 m a 2,50 m e mellorando tamén o pavimento, substituíndo o actual de aglomerado asfáltico, por outro novo de formigón puído, con bordo de formigón.

A obra de mellora foi adxudicada á empresa Construccións Fermín Simal, SL cun orzamento de 77.961,75 €.

Deja un comentario