Eduardo Castro Prado, Daniel Mariño Rodríguez e Marta Suárez Castiñeira, que se incorporaran a principios de ano como axentes en prácticas á Policía Local, asinaron hoxe os seus contratos como funcionarios, tras completar a súa formación.
Ademais do alcalde, Evencio Ferrero, e do concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, no acto participaron o xefe da Policía Local, Pedro Cancela, e numerosos compañeiros e compañeiras dos novos axentes.