Os bombeiros do parque Provincial de Betanzos foron alertados preto do mediodía de hoxe, 14 de outubro, dun derrubamento nunha vivenda unifamiliar en construción no concello de Sada.
O operativo despregado polos bombeiros provinciais consistiu en tarefas de salvamento a dúas persoas que resultaron feridas pola incidencia e precisaron ser trasladas a un centro hospitalario.