Os bombeiros do parque Provincial de Cee participaron esta madrugada nun operativo provocado por un vehículo que envorcou na VG-1.4 á altura de Lobelos, no concello de Cee.
O accidente tivo lugar nunha glorieta e o condutor do turismo tivo que ser axudado polos bombeiros provinciais para saír do interior deste. Aparentemente o ocupante só presentaba feridas de levidade.