No 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas e, por tal efeméride, a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza un contacontos ao abeiro do programa Ler Conta Moito.
Paula Carballeira narrará Contos de sapos, bruxas e curuxas ao público familiar a partir de 4 anos. Trátase dunha readaptación de pequenas historias que sorprenderán ás persoas asistentes.
Esta sesión terá lugar no mércores 23, ás 18.00 horas, na biblioteca municipal Victoriano García Martí.
A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, apunta que, con este tipo de accións, “queremos espertar entre as crianzas o hábito da lectura, o desfrute das historias e estimula-la creatividade, ademais de incidir na importancia das bibliotecas como espazo de encontro arredor das letras e plataforma para a difusión de coñecementos.”