▪ O acordo alcanzado polo Grupo Municipal Socialista contemplaba a reserva dunha partida para encargar os proxectos de ampliación e cuberta do parque infantil da rúa Lisboa e a reforma do da rúa Fontiñas
▪ “A señora Sanmartin quererá, supoño, falar nalgún momento dos próximos orzamentos, pero antes diso queda dar conta do que fixeron cos actuais e cos remanentes” asegura a edil socialista
Cando faltan xa semanas para que remate o ano, desde o Grupo Municipal Socialista xa piden explicacións ao goberno local polo cumprimento dos acordos de orzamentos e remanentes. Este luns comezaron a facelo polos de remanentes: polos dous parques infantis que se acordara reformar no barrio das Fontiñas.
Concretamente, o acordo contemplaba a ampliación e cuberta do parque da rúa Lisboa e a reforma do da rúa Fontiñas. Dúas actuacións para as que se reservaron fondos co obxectivo de elaborar ambos proxectos e que, explica Mila Castro, “xa tiñan que estar encargados”. Lembra a edil socialista que as parAdas reservadas con ese fin deben estar executadas antes do 31 de decembro polo que preguntará no vindeiro pleno municipal por este asunto.
“O que non vai ser negociable é que non se cumpran os acordos previos”
“Estamos rematando o ano e a señora Sanmartin quererá, supoño, falar nalgún momento dos próximos orzamentos” explica Castro que, advirte, “antes diso queda dar conta do que fixeron cos actuais e cos remanentes” porque, asegura, “o que non vai ser negociable é que non se cumpran os acordos previos”.
A edil socialista insiste en que a mellora dos parques de Fontiñas trátase dun deses acordos que “mellora a calidade de vida das familias un barrio residencial” como é o caso, e defende a súa pertinencia para darlle conAnuidade ao programa de reforma e creación de novos parques en toda a cidade, iniciado polo goberno socialista no pasado mandato coa reforma do da Alameda e o de Alfredo Vicenti no Castiñeiriño, ou a creación do parque da Almáciga e o interxeracional de Sar, entre outros.