A nova plataforma permite ao usuario organizar unha viaxe personalizada pola Galiza e Norte de Portugal. https://vive.eixoatlantico.com/
O turismo é un dos sectores economicamente máis importantes (10,6% do PIB na Galiza e 12,7% no Portugal), así como un dos que máis sufriu coa pandemia. Por iso, o Eixo Atlántico refórzao a través de tres eixes: o comercializador (con Expocidades, a feira de turismo de proximidade) e a identificación de novas liñas (turismo de autor, turismo policéntrico e fomento do turismo adaptado). Son conceptos novos financiados polo proxecto POST- Espazo Atlántico e que promoven o modelo turístico do Eixo Atlántico baseado na excelencia e non nunha masificación que altere a vida das cidades e predispoñan aos cidadáns contra os turistas). O terceiro eixe é a promoción turística a través da cal se publicaron numerosos guías turísticas en papel. A nova guía turístico dixital do Eixo Atlántico contempla e concentra todos os elementos turísticos e faino dun xeito permanentemente actualizada.
A guía ofrece un amplo catálogo de festas populares, gastronómicas e históricas, concertos, eventos deportivos, promoción do patrimonio, etc., dunha enorme riqueza. Por iso, a plataforma reúne toda esta información para que o usuario poida acceder con facilidade á oferta cultural, gastronómica, patrimonial e natural da Galicia e do Norte de Portugal. Isto é o que pretende a nova guía en formato dixital actualiza e editada polos municipios do Eixo Atlántico.
Outro dos aspectos diferenciadores da Guía do Eixo Atlántico é a posibilidade de persoalizar unha viaxe a través de distintas filtros. O visitante poderá ver a axenda do municipio que vai visitar eses días concretos.
Os 7 millóns de habitantes da Eurorrexión, máis os 3 millóns das rexións veciñas, durante 52 fins de semana do ano, constitúen un importante nicho de negocio para o turismo de proximidade. Tamén haberá unha edición en inglés para o turismo estranxeiro con especial atención no Camiño de Santiago que, ao ter coñecemento previo da oferta, os peregrinos poden planificar a súa viaxe cun maior número de noites ou ampliar os lugares a visitar.