Os bombeiros dos parques Provinciais de Ordes participaron pasada a medianoite de hoxe nun operativo provocado polo incendio de dous autobuses na AC-400, na avenida da Coruña, no concello de Cerceda.
Á chegada dos bombeiros, os dous autobuses estaban ardendo en ambas marxes da vía, facendo moi complicado que as chamas se puidesen propagar dun vehículo ao outro. O operativo consistiu na extinción dos lumes e na incidencia só houbo que lamentar danos materiais.