O Bombeiros Provinciais de Carballo foron alertados ás 18:50 horas deste venres polo incendio dun colchón dentro das instalacións dun transformador abandonado na rúa Muíño do Quinto, no concello de Carballo.
Ao chegar ao lugar dos feitos procedeuse á completa extinción do lume, que só afectou ao colchón, e a refrixerar con auga todo o perímetro da zona afectada.
No operativo colaboraron Policía Local e Protección Civil de Carballo.