A xornada arrincará coa apertura do espazo de dinamización infantil, de balde e aberto de 10.00 a 15.00 horas
Novo Mesoiro acollerá mañá, domingo 13 de outubro, unha nova edición do Mercado Ecolóxico promovido polo Concello da Coruña. A iniciativa localizarase xunto ao parque da tirolina e arrincará coa apertura do espazo de dinamización infantil, de balde e aberto de 10.00 a 15.00 horas.
Ademais, haberá diferentes actividades para todas as idades. Durante toda a mañá, tamén de 10.00 a 15.00 horas, haberá troco de roupa e de 11.30 a 12.30 horas o obradoiro infantil ‘Mouchiños’ para a construción de mouchos decorativos con material reciclado. Conta con 15 prazas para nenos e nensas e a inscrición poderá realizarse no mesmo mercado a partir das 10 horas. A xornada rematará coa actuación musical de Jose Brea e Miguelón, de 13.00 a 14.00 horas.
O obxectivo é concienciar aos veciños e veciñas da Coruña dos beneficios do produtos ecolóxicos e facilitar a súa compra, xunto coa divulgación da economía circular e a compra responsable aplicando a regra das 4R (reducir, reutilizar, reciclar e recuperar).
Desta forma, o Concello dá continuidade á rotación por barrios posta en marcha polo Goberno de Inés Rey co obxectivo de dinamizar a actividade en todos os puntos da cidade. A iniciativa, que xa tivo unha moi boa recepción en puntos como o Campo da Leña e a praza da Tolerancia, continua a expandise a máis barrios.