Quedan algunhas prazas nos seminarios organizados polo Concello de Oleiros no marco do programa Familias Inquedas.
Quedan prazas vacantes no seminario denominado “A CRIANZA BASEADA NA CONFIANZA, NA SEGURIDADE E NA AUTONOMÍA” (16 horas) dirixido a familias con fillos/as de 0 a 10 anos e cuxo obxectivo é coñecer e profundizar nunha crianza alternativa ao método baseado no condicionamento (castigos e premios) a través dunha metodoloxía baseada na Disciplina Positiva, coa que se aprenderán habilidades sociais baeadas no respecto, na motivación e na búsqueda de solucións, desde a educación emocional e o establecemento de límites, que lles permita medrar con autoestima, seguridade e autonomía. Datas do seminario: 19 outubro de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h, 29 outubro e 5, 12 e 19 novembro de 18:00 a 20:00 h.
Por outra banda, tamén poderán anotarse as familias interesadas no seminario “O ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL DURANTE O CURSO ESCOLAR EN PRIMARIA” (16 horas) cuxo obxectivo é apoiar ás familias nas pautas a seguir durante o curso escolar dende un apoio emocional para fomentar a autoestima e a seguridade das crianzas. Datas do seminario: 16, 23 e 30 outubro de 18:00 a 20:00 h, 6, 13, 20 e 27 novembro de 18:00 a 20:00 h e 4 e 11 novembro de 18:00 a 20:00 h
As persoas interesadas poden inscribirse mandando os seus datos persoais (nome e teléfono) ao correo electrónico s.sociais@oleiros.org. Máis información no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Oleiros.