Máis de 400 veciños e veciñas participan nas actividades de memoria, ioga e relaxación e ximnasia do programa envellecemento activo do Concello de Oleiros.
Comeza un novo curso cheo de actividades no programa envellecemento activo organizado polo Concello de Oleiros. Ademais de todas aquelas persoas que xa participaban, acaba de publicarse o listado coas persoas admitidas para o curso 2024/2025.
O programa de “Envellecemento activo” é un programa de continuidade temporal para maiores de 65 anos cuxo obxectivo é manter unha vida activa tanto física como psicoloxicamente.
As persoas admitidas recibirán unha chamada de teléfono na que se lle informará da actividade e a data na que poden incorporarse a clase. Todas aquelas persoas interesadas que fican en lista de reserva, serán chamadas por orde segundo queden prazas dispoñibles nas actividades para as que solicitaron praza.