Monday 25 de November de 2024

O Concello continua reforzando o cadro da Policía Local coa incorporación de seis novos axentes


A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a toma de posesión xunto coa concelleira de Atención e Seguridade Cidadá, Monsterrat Paz

O Concello continúa reforzando o cadro da Policía Local coa incorporación de seis novos axentes. A alcaldesa, Inés Rey, presidiu a toma de posesión xunto coa concelleira de Atención e Seguridade Cidadá, Monsterrat Paz. O Goberno de Inés Rey avanza así no obxectivo de ampliar o servizo.

No último ano incorporáronse 46 novos axentes ao servizo. Dez en outubro de 2023 e 30 máis a comezos deste ano, a maior incorporación dende 1992 para completar o cadro de persoal máis numeroso de Galicia. Así mesmo, de acordo coa OPE deste ano o concello ten previsto incorporar un total de 20 prazas para Policía Local, seis delas cubertas dende hoxe.