O xefe territorial da Consellería de Educación na provincia da Coruña, Indalecio Cabana, visitou as instalacións do colexio María Barbeito acompañado polo xefe de inspección da Consellería. Durante a visita, ambos reuníronse con membros da comunidade educativa do centro para explicarlles que as obras de mantemento do colexio, segundo o acordo adoptado no seu día, son competencia municipal e deben ser asumidas polo Concello da Coruña.
Representantes da ANPA do colexio explicaron que teñen solicitada una reunión tanto coa concelleira Silvia Cameán como co alcalde, Xulio Ferreiro, e que polo momento no recibiron resposta.
Ante as insistencias dos pais e nais de alumnos, o xefe territorial comprometeuse a contactar el mesmo co Concello da Coruña para coñecer as súas intencións e saber se asumirán os compromisos adquiridos, que están orzamentados e que non se executaron.