● Celebrarase este domingo, 13 de outubro, na Praia Grande miñense.
Este domingo, 13 de outubro, a Praia Grande converterase no escenario da V Regata de Kaiak de Mar – Concello de Miño, unha competición que forma parte da liga Galega de Kaiak de Mar e do Campionato Galego de Kaiak de Mar. Este evento deportivo, que xa alcanza a súa quinta edición, será ademais unha homenaxe á figura de Agustín Riveira.
A regata reunirá a algúns dos mellores piragüistas de Galicia, quen competirá na incomparable contorna da Praia Grande. Este espazo natural será o punto de encontro para afeccionados e participantes que queiran gozar dunha xornada deportiva única.
A organización do evento conta co respaldo do Concello de Miño, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Piragüismo, en colaboración co Club Náutico de Miño, garantindo unha cita de alto nivel competitivo.
O Concello de Miño anima a todos os veciños e visitantes a achegarse á praia este domingo.